Novas

Campaña abonados: 25 motivos polos que ser do Poio Pescamar

Ago 29, 2022

A razón da tempada do noso 25 aniversario, lanzamos a campaña de abonados para que a afección conserveira se sume e leve en volandas ó club no que a bo seguro será un ano histórico. Dende xa mesmo pódense solicitar os carnés para asistir ós partidos de Primeira División, Copa Galicia e Copa da Raíña que o equipo despute en casa, así como para gozar de calquera outro conxunto da base do club na Seca.

Non hai inflación nin crise económica que encarezan os prezos de pertencer á Marea Vermella, pois son as mesmas condicións do ano pasado:

Abono estándar: 25€ e válido para unha persoa.

Abono familiar: 50€ e válido para tres persoas da mesma familia con parentesco de irmáns, padre-fillo ou avó-neto.

Abono empresa: 100€ e outórganse cinco carnés, así como unha publicación publicitaria nas nosas redes sociais.

O sábado 10 de setembro comezará a liga e xogaremos en casa ante o Joventut d´Elx ás 18:30h. Dende unha hora antes, estaremos no pavillón para entregar os carnés daquelas persoas que o solicitaron vía email á dirección poiofutbolsala@hotmail.com. Calquera dúbida, responderase tamén nesa dirección ou contactando polas nosas diversas RRSS.