O Club

Club de Futbol Sala Poio Pescamar

Historia do Club

Inicios

No ano 1997, un grupo de amantes do fútbol sala decidiu crear en Combarro un proxecto diferente que servira para que as rapazas do municipio puideran practicar esa disciplina.

Nacía así o Ateneo Combarro, que co paso do tempo converteuse na principal referencia da provincia e que actualmente conta con unha ampla estrutura.

O 1 de Agosto de 1997 escribíronse as primeiras liñas dunha historia que aínda hoxe se completa por capítulos. Juanjo García erixiuse no “arquitecto” dun proxecto que co paso dos anos converteuse nunha auténtica referencia, nun modelo. Xunto con Vicente, outro dos fundadores do club poiense, e con só 15.000 pesetas de entón, puxeron en funcionamento o Club.

Historia do Club

Club Ateneo Combarro

O Ateneo Combarro, como un dos pioneiros do fútbol sala feminino, involucrouse no verán de 1997 na que foi a primeira competición feminina da comarca pontevedresa, auspiciada por Asfusa, que significou un punto de inflexión nun deporte que viviu un auténtico boom no número de practicantes. Dous anos despois da fundación, Juanjo e Vicente armaron os primeiros equipos da base, mentres o primeiro equipo seguía construíndo a súa historia.

Abriuse o camiño. Na posta de longo ante a sociedade futsaleira da comarca, o Club Ateneo Combarro adxudicouse o subcampionato ligueiro ao caer derrotado no último encontro do play off polo título na sempre fatídica quenda de penaltis. Non obstante, as rapazas de Poio redimíronse na Copa Deputación ao vencer na final por penaltis. Primeiro título á vitrina. Logo chegaron tempos difíciles, nos que a entidade tivo que empezar desde cero, pero ano tras ano foron superando as dificultades ata que en 2008 lograron o ansiado ascenso a División de prata. No seu primeiro ano nesta categoría, Juanjo afirmaba “é un orgullo ir levando o nome de Combarro e Poio pola Península, pero o que máis nos reconforta é a xente que nos para pola rúa para felicitarnos”.

Club de Futbol Sala Poio Pescamar
Club de Futbol Sala Poio Pescamar

Historia do Club

Nacemento de Poio FS

O que aínda non nos imaxinábamos era o que lograríamos poucos anos despois. En 2010, cambiamos de nome e pasamos a ser o Poio FS, adaptando o escudo do concello. Os resultados en Segunda División non fixeron máis que mellorar e na tempada 2012 / 2013 disputamos a fase de ascenso, alcanzando a máxima categoría do fútbol sala feminino tras eliminar ao Rubí FS.

Desde entón, sumamos nove campañas consecutivas en Primeira División, clasificando sempre entre os oito mellores. A tempada 2020 / 2021, na que rozamos o playoff e terminamos en quinto lugar, supón a nosa mellor clasificación. Ademáis, disputamos as nosas primeiras finais de torneos oficiais como son a Copa de La Reina e a Supercopa de España.

Historia do Club

Actualidade

O pavillón de A Seca énchese cada fin de semana para alentar ás mozas, un exemplo para moitas afeccións da provincia. Nalgúns partidos, o aforo quedase curto para albergar a tanta xente. É un motivo de orgullo para os seus paisanos. Converteuse nunha referencia deste deporte en Galicia grazas a un grupo de persoas que loitaron por facer realidade os seus soños e os de todas aquelas que teñen esta disciplina como afección.

Éxitos aparte, o máis importante do Poio FS é o seu traballo en prol do deporte. Desde hai varios anos, visítanse os colexios de Poio para captar xogadoras/é e informar os nenos e nenas sobre o club e sobre o fútbol salga en xeral. O respaldo do Concello de Poio, do seu principal patrocinador ( Pescamar) e de empresas como Deputación de Pontevedra, Galicia, Deporte Galego, Diario de Pontevedra, fan que aquel soño que comezou hai tantos anos sexa unha extraordinaria realidade.

Club de Futbol Sala Poio Pescamar

Palmarés

  • Campioas:
    • XI Copa Xunta (2017)
    • XII Copa Xunta (2018)
    • XV Copa Xunta (2022)
  • Subcampioas de Copa de España e subcampioas da Supercopa de España na tempada 2020/2021.
  • Nomeado mellor club galego de Fútbol Sala en 2015
  • Afección nomeada como a mellor de España en 2013.

Recoñecementos canteira

  • Cadete feminino campión de España en 2013, 2014, 2015 e 2016.
  • Infantil feminino campión de España en 2014 e 2015.

Eventos importantes

Organizador da XXIII Copa de España feminina de fútbol sala (celebrada entre o 9 e o 11 de xuño).

Partido Internacional Fútbol Sala Feminino – España VS Portugal

I Torneo Conservas Pescamar
O club organizou, por delegación da FGF e da RFEF, unha concentración da selección española feminina absoluta de fútbol sala, que tivo lugar entre o 16 e o 19 de outubro de 2016, no pavillón municipal de A Seca, e que serviu de preparación para a disputa do Torneo Catro Nacións Europeo que se celebrou en decembro en Castela-A Mancha. Xuntáronse en España e Portugal e disputaron un partido.