Novas

Resultados 9 – 10 de Abril

Abr 11, 2022

A fin de semana previa á Semana Santa, na cal descansarán case todos os nosos equipos, déixanos algúns grandes resultados e o peche de certas competicións.

Unha boa nova foi a segunda vitoria consecutiva do equipo de Primeira División, que sobe ata o terceiro posto tras gañar ó Leganés. O venres visitarán ó líder, o Futsi Atlético Navalcarnero. Pola súa parte, o filial volveu vencer, por séptima vez seguida, pola mínima e coma visitante ante o conxunto que lle persegue na clasificación. En canto ós máis maiores, o sénior masculino sucumbeu na Seca ante o Campito Chapela B.

Os xuvenís tráennos outro triunfo máis do A (e xa son seis de seis na liga polo ascenso a División de Honra), mentras que o B caeu derrotado en casa.

Entre os cadetes, derrota do feminino, que termina segundo a primeira fase da Copa. Precisamente se xogaban ese primeiro posto ante o Campito Chapela. O masculino A tamén saíu sen puntuar, ó contrario que o B, que gañou e asegurou o segundo lugar na súa liga.

Coa terceira xornada de Copa seguiron o Infantil masculino, o Alevín mixto e o Prebenxamín. Sumaron derrotas os dous primeiros e vitoria para os pequenos.

Rematou a Fase Regular (ou segunda fase) para o Benxamín, xa que lle toca descanso na última xornada. Finaliza en terceiro posto e en maio comezará a disputar a Copa.

Os máis pequenos, do Biberón, puxeron punto e final á liga con derrota. O Pescamar quedou quinto, mentras que o Sek foi oitavo. Ambos equipos seguirán xogando por separado en cadanseu grupo de Copa.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Resultados