Novas

Previa Xornada 24

Abr 22, 2022

Posiblemente chega o partido máis emocionante que resta por vivir esta tempada en liga regular e témolo na Seca. Recibimos ó Melilla Sport Capital Torreblanca, conxunto que conta coa nomeada oito veces mellor xogadora do mundo (por Futsalplanet), Amandinha. 

Pola nosa parte, seguimos terceiras na táboa logo de caer o pasado venres en casa do líder, o Futsi, por 3 – 0. Iso si, os rivais directos, coma o Melilla, achegáronse e por iso este partido é sumamente importante. Contaremos coa baixa de Angela, por motivos persoais. Nas filas melillenses, a única ausencia é a ucraína Anna Shulha, por rotura do ligamento cruzado.

O Torreblanca reforzouse en inverno con varias fichaxes, entre elas a de Amandinha e notouse, posto que son sextas, cun partido pendente de xogar en Roldán e só dous puntos menos ca nós. Encadean catro partidos sen perder, gañando tres deles, incluído un ante o Futsi, líder que só ten esa derrota no seu casilleiro.

Pouca historia en duelos particulares. O club de Melilla chegou a Primeira a campaña pasada. Enfrontámonos na liga polo playoff, cun empate en Poio e vitoria local no Javier Imbroda. Este curso, na primeira volta, 2 – 2 foi o resultado final

Poñémosvos, de paso, o vídeo coa primeira semifinal do concurso de preguntas sobre o rival de cada xornada. Agardamos que vos guste!

CATEGORÍA: Convocatorias · Previas