Novas

Organizaremos o Campionato de España Infantil Feminino

Mai 27, 2022

O pasado domingo 22 de maio, as nosas mozas do infantil levantaban a copa de campioas de Galicia, superando ó Viaxes Amarelle na final. Ademais, tiñan dereito a desputar o título a nivel español. Hoxe podemos confirmar que o Campionato de España Infantil Feminino o organizaremos nós, nos días 10, 11 e 12 de xuño no pavillón municipal da Seca.

Non só iso, senón que o sorteo cos sete clubes participantes celebrouse esta mesma mañá, sendo a A.D. Alcorcón FSF (vencedoras na Comunidade de Madrid) as nosas rivais en cuartos de final. Os demais contrincantes son:

Catalunya: Futsal Inlingua Mataró CE. O azar sitúalles directamente en semifinais.

Aragón: FSF César Augusta

Andalucía: todavía por determinar

Castilla-La Mancha: EFB UB Conquense

Región de Murcia: La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla

Agardámosvos a todos para gozar do fútbol sala e para apoiar ás xogadoras neses tres días que deben ser unha festa!