Seguen rematando as distintas ligas para os equipos do clube. Co mes de maio poñen punto final os equipos sénior masculino e feminino B. Os mozos terminaron con derrota pola mínima ante o Pecheches e caeron á 14ª posición. En cambio, as mozas do filial finalizaron cunha vitoria máis, en casa do Cios Vigo Mondariz, que é a 12ª consecutiva. Asemella que a liga quedóuselles algo curta na súa remontada de postos, pero aínda así foron terceiras.
En Primeira División, as futbolistas de Manu Cossío venceron por primeira vez en cancha do Sala Zaragoza. Triunfo importantísimo para seguir pelexando polo playoff polo título, cando restan dúas xornadas.
A peor nova da fin de semana chegou por parte do xuvenil masculino A, que saíu derrotado da Coruña ante o Emden FS, pechacancelas da liga, e perde así o posto de ascenso á División de Honra en favor do Santiago Futsal. Neste caso tamén quedan dous partidos por xogarse, así que hai que intentalo ata o último alento!
Nas competicións copeiras, pleno de vitorias. O cadete masculino B superou ó Marín Futsal B e plántase na final da Copa Delegación. O rival será o Pecheches. Mentras, o cadete e o infantil femininos reeditarán as súas finais de liga ante FSF Castro e Viaxes Amarelle, respectivamente. En semifinais, as cadetes venceron ó Campito Chapela e as infantís, ó EF Morrazo.