Luis López-Tulla será o encargado de dirixir o equipo feminino de Primeira División na próxima campaña 2022 – 2023. O técnico madrileño procede do Levante UD FS, onde permaneceu como segundo adestrador e preparador de porteiros as últimas dúas tempadas.
Ós seus 26 anos (en agosto cumprirá 27), conta con experiencia no Torrejón Sala, no cal se formou nos bancos, así como no Rayo Majadahonda feminino (entón, Majadahonda Afar 4). Neste conxunto estivo tamén dous cursos, antes de ir a València, exercendo igualmente de segundo adestrador e de porteiras.
Benvido a Poio, Luis!