A porteira de 23 anos, Elena González de Pablos, será vermella na próxima tempada. Provén do Universitat d´Alacant, equipo no que permaneceu os últimos cinco cursos.
Nacida en Segovia, comezou a xogar ó fútbol sala dende os 6 anos, no mítico Caja Segovia. Ós 14, enrolouse no Segosala por unha campaña e despois estivo tres tempadas no Unami, en Segunda División, club co que desputou un playoff de ascenso a Primeira e dende o cal foi convocada coa selección española sub-17.
En 2017 fichou pola UA, con quen debutou na máxima categoría, ademais de xogar tamén coa selección sub-21 e, recentemente, ser convocada coa absoluta.
Moita sorte na túa nova etapa, Elena!