Novas

Luci renova e entra no podio das máis veteranas

Xul 3, 2022

Unha das nosas máis recoñecidas xogadoras, Lucía Gómez, seguirá polo menos un ano máis no club, cumplindo a súa terceira tempada como vermella, sendo agora tamén a terceira máis veterana (tras Irene e Dani Sousa).

 

A coruñesa, que vén de proclamarse por segunda vez campioa de Europa coa selección española, desputou case todos os partidos do pasado curso como titular, anotando en liga 16 goles.

 

Sen dúbida, un exemplo de traballo e compañeirismo no vestiario, co que queremos seguir contando na campaña do noso 25 aniversario.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Luci · Renovacións