Novas

A capitá Dani Sousa renova outro ano no Poio

Xul 9, 2022

O barco vermello seguirá capitaneado pola pívot brasileira Dani Sousa. Cumprirá así a súa quinta tempada completa na Seca e será a súa sexta participación en Primeira División, xa que debutou en abril de 2018 para finalizar ese curso.

 

Con 20 goles, foi a pichichi do conxunto conserveiro e oitava máxima goleadora da pasada liga. A súa presenza no cinco inicial foi constante e nestes anos convertiuse nunha das referentes no posto de pívot en España.

 

Por todo isto e o seu traballo no día a día, aquilo que non sae nas estatísticas, o club non dubidou en establecer a súa continuidade. Bora Dani!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Dani Sousa · Renovacións