Novas

O 2023 comezará no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra

Dec 28, 2022

O 7 de xaneiro de 2023 é a data sinalada para a volta do equipo á competición en Primeira División, nada máis e nada menos que co Derbi da Ría ante o Marín Futsal. Iso si, o duelo será en zona intermedia entre ambos municipios, posto que a nosa casa, o pavillón da Seca, está inmersa nunhas obras de renovación da superficie de xogo.

Ditos traballos comezaron o luns 12 de decembro, xusto despois do noso último encontro ligueiro alí, no que vencimos ó Roldán, e se prolongarán aproximadamente ata marzo. Os diversos equipos do club distribúen dende entón os seus adestramentos e partidos entre outras instalacións do concello, especialmente en Lourido e no IES de Poio.

Por parte do vestiario dirixido por Luis López-Tulla, o exilio levarase a cabo en Pontevedra, no pavillón Príncipe Felipe, que será escenario das próximas xornadas de liga do equipo conserveiro cando exerzamos coma local.

CATEGORÍA: Novas