Novas

Comeza o Quiz Poio FS 2023

Xan 18, 2023

Tras o éxito alcanzado na tempada pasada, repetiremos o concurso de preguntas entre as nosas xogadoras, sempre como previa á xornada que toque e con temática sobre o rival. Na primeira edición, Martita alzouse co trofeo.

Ó seren trece participantes, por sorteo quedou exenta Julia Dupuy da primeira rolda. Por tanto, as doce futbolistas restantes enfrontaranse entre si en seis duelos que tamén definiu o azar. Para completar o cadro de cuartos de final, repescarase á participante que resulte derrotada con máis puntuación (en caso de empate entre dúas, farase unha partida entre elas, pero se son máis, tocará por sorteo).

Haberá un total de seis preguntas sobre o equipo rival en cada xornada. Cada xogadora decidirá o número da cuestión que se lle lerá á súa contraria. Se hai igualada, procederemos facer a pregunta extra, que contestará a primeira en levantar a man. Se acerta, gaña; se erra, perde.

Coma no curso pasado, comezamos este concurso na segunda volta para dinamizar as roldas de prensa. Moita sorte a todas!

CATEGORÍA: Novas