Novas

T. 22/23 – X. 19 | PREVIA

Feb 17, 2023

Avanza a competición e entra de cheo en tempos de Entroido. Por iso (e sen deixar de lado a importancia do partido), facemos un chamamento ó ambiente festivo no Príncipe Felipe para a nosa afección. En vistas do dobre derbi que nos sinala o calendario, con este encontro ligueiro e a semifinal de Copa Galicia ante Burela o mércores, toda aquela persoa que veña mañá disfrazada, terá entrada gratuita para o enfrontamento por un posto na final de Copa. A entrada para cada evento é de 5€, pero con esta promoción, por ese prezo podes ver ambos partidos e o noso equipo terá un plus de motivación dende as bancadas. Os abonados non pagan en ningún partido.

Volvendo de cheo ó sábado, recibiremos ó Viaxes Amarelle coruñés, 11º clasificado con 17 puntos, cinco por encima do descenso, e que todavía non venceu no que vai de 2023 (cinco partidos, dos que empatou 2 e perdeu 3). Curiosamente, todas as súas vitorias e, en total, 14 dos seus 17 puntos logrounos lonxe da súa pista. Pola nosa parte, conseguimos gañar por terceira vez seguida a xornada pasada, en Móstoles, asegurando o segundo lugar na liga, nun intenso partido no que Marta firmou un póker de goles. Mantemos a baixa de Dani Sousa.

Na primeira volta, superamos ó equipo de Jorge Basanta cun axustado 2 – 3, na que foi a quinta vitoria vermella nos nosos últimos cinco derbis ligueiros. Coma locais, en Primeira División só nos gañaron na campaña 2013 / 2014, a do noso debut, tamén por 2 – 3. Na máxima categoría e, ata o momento, a bagaxe é de 6 triunfos conserveiros, 1 empate e 2 vitorias coruñesas.

O derbi será ás 19h, pero antes, ás 16:30h xogará o sénior masculino ante o Pazos de Borbén B. Os dous únicos partidos do club esta fin de semana, xuntos nunha tarde repleta de fútbol sala no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra!

CATEGORÍA: Previas