Este é o resumo de resultados desta fin de semana no club:
Sénior:
- Cuarto triunfo consecutivo do equipo de Luis López-Tulla, cun sufrido 2 – 1 no derbi ante o Ourense CF Envialia. Seguimos segundas, a un punto do líder. A competición regresa o 6 de maio, pois hai parón para a fase final da Copa da Raíña, na que por desgraza, non estamos.
- Derrota por 1 – 0 do filial na visita a Lugo, á casa do Ribeira F.S. As vermellas caen un posto na táboa e restan dous partidos para seguir loitando pola permanencia en Preferente (categoría anterior á Segunda División Nacional).
- Suspendido quedou o duelo do sénior masculino contra a ED Vigo 2015 B ó non presentarse o equipo rival na Seca.
Cadete:
- Caeu contra o líder, o Carballiño FS, o cadete masculino A por 4 – 5 na última xornada do Grupo Sur de Liga Galega. A escadra conserveira remata en oitavo lugar entre os 14 participantes. A partir de agora, centraranse na desputa da Copa.
- Estrea con vitoria do cadete masculino B no Grupo A da Copa Delegación en campo do A Quinta Tui FS B.
- Non tivo competición o cadete feminino. Campioas de grupo en liga e copa, comezarán esta fin de semana as fases finais de cada unha.
Infantil:
- Principiou a copa o masculino, repetindo vitoria en Cotobade, que foi precisamente como concluíu a liga.
- Segue avanzando o feminino na copa. Tras quedar primeiras no seu grupo, agora eliminaron en cuartos de final ó Carballiño FS. Mañá, martes 25 de abril, viaxarán a Castro de Rei para desputar a ida de semifinais da liga.
Alevín:
- Contundente triunfo do Bocoi alevín masculino A na estrea copeira en casa do Campo Lameiro.
- Tamén empezou a copa o alevín mixto B, pero con derrota contra o Marín Futsal D.
Benxamín:
- De baleiro en canto a puntos volveron os benxamíns da súa visita ó Salnés Futsal, xa en competición copeira.
Prebenxamín:
- Coma o resto de equipos dende alevín para abaixo, xornada para debutar en copa. O prebenxamín A fíxoo con derrota na pista do Saraiba do Mar.
- Pola súa parte, o prebenxamín B tampouco puido puntuar contra o Saraiba do Mar B.
Biberón:
- Empate do biberón A na copa contra o que fora campión de liga, Villalonga FC.
- Caeu o biberón B pola mínima na súa visita ó CD La Peña.