Novas

Elena, un seguro defendendo a nosa portería

Xuñ 15, 2023

Elena González de Pablos permanecerá para a próxima tempada nas filas vermellas. A porteira de 24 anos callou unha magnífica campaña alternándose con Sandra Buzón, unha sana competitividade que deu os sus froitos ó club.

A segoviana contribuíu de forma esencial para que fósemos o equipo menos goleado do curso, un fito histórico para a entidade conserveira. Sen esquecer que tamén anotou un gol.

Grande Elena, exemplo de profesionalidade!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Elena · Renovacións