Dani Sousa vaise do Poio. O que asemellaba que nunca sucedería, chegou. A nosa capitá decidiu cambiar o seu rumbo en busca de novos desafíos, pero aquí sempre terá a súa casa.
A pivote brasileira de 33 anos, gañadora de dúas Copas Galicia connosco, marcou 16 goles na pasada campaña: 14 en liga, 1 en Copa da Raíña e 1 en Copa Galicia.
Dende que arribou na entidade, en abril de 2018, convertiuse nunha referencia na pista e fóra dela, demostrando unha tremenda profesionalidade.
Moitísima sorte alá onde vaias, Dani!