Novas

Enfrontamentos de pretempada

Ago 14, 2023

Unha semana despois da volta ós adestramentos, quedou definido o calendario de partidos de pretempada. O conxunto de Luis López-Tulla desputará un duelo por sábado ata que comece a liga o 16 de setembro en Burela.

A primeira proba terá lugar na nosa casa, o próximo día 19 de agosto contra o recén ascendido FSF Castro. Será a primeira vez que a nosa ex xogadora e lenda vermella, Dani Sousa, se enfronte a nós trala súa marcha.

Unha semana máis tarde, viaxaremos precisamente a Castro de Rei para participar nun torneo cuadrangular contra o conxunto local, Burela FS e Viaxes Amarelle.

Xa en setembro, o día 2 recibiremos na Seca ó Ourense CF, con quen virá outra ex conservera que volta a España, Ana Rivera.

Por último, o 9 de setembro teremos enfrontamento de Copa Galicia en cuartos de final. Por tanto, todavía non sabemos o rival, que sairá do duelo entre o 5 Coruña e o Viaxes Amarelle.

CATEGORÍA: Novas
ETIQUETAS: Pretempada