Novas

T. 23/24 – X. 1 | PREVIA

Set 15, 2023

Tres meses despois da histórica semifinal do playoff polo título de liga que desputamos por primeira vez, regresa a Primeira División do fútbol sala feminino español. O caprichoso calendario sinalou que a nova aventura partise da pista na que antes do verán pechamos a tempada con agridoce sabor de boca. Si, outra vez xogamos en Burela (sábado, 18:30h).

O camiño de ambos clubes entrecrúzase con tanta frecuencia que este será o cuarto duelo consecutivo de liga no que nos enfrontamos. Na xornada 30 da anterior campaña, última de liga regular, recibimos ás da Mariña na Seca, logrando unha vitoria que nos situou como segundas na táboa. Despois, tomáronse a vinganza vencéndonos no playoff, tanto en Poio como na súa casa. Agora, voltamos a Vista Alegre, pavillón no que todavía se nos resiste o triunfo.

O equipo laranxa, campión de todas as competicións o curso pasado, mantén a Julio Delgado como adestrador e a súa baixa más sonada foi a da súa ex capitá, Peque, que asinou polo Alcorcón. En fichaxes, Rafinha (Móstoles), Cami (Castro) e Noelia Montoro (Roldán) uníronse ó plantel. Línea continuísta, similar á nosa, a sabendas de que somos dous equipos que lograron os seus obxectivos. Pola nosa parte, non estarán dispoñibles Marta nin Anna, recuperándose das súas lesións.

Será la undécima visita en liga regular a Vista Alegre, pero la 13ª si sumamos la del playoff en junio y la Supercopa de 2021. En total rascamos dos empates, pero salimos derrotadas las otras diez veces. En el total de duelos oficiales (26), vencimos dos veces en A Seca y una más en la final de la Copa Galicia de 2018. El balance, respecto a los cinco derbis de la temporada recién finalizada, es de una victoria rojilla, un empate y tres triunfos naranjas. El último enfrentamiento, en la pretemporada de este curso, se saldó con 3-2 para el Burela, en el torneo veraniego celebrado en Castro de Rei.

CATEGORÍA: Previas