Avanza inexorable a liga cara a súa novena xornada, na que exerceremos de anfitrioas ante o Atlético Torcal de Málaga, equipo que é penúltimo con tres puntos. O partido será o sábado ás 19:30 horas na Seca.
A cuarta vitoria seguida ante o noso público é a meta despois dun empate un tanto amargo o do pasado duelo en Roldán, co que sumamos 13 puntos, situándonos na oitava posición. Certo é que esa igualada supuxo enlazar tres xornadas consecutivas sen perder en liga por primeira vez esta campaña. Laura Uña (que estivo concentrada ata o xoves coa selección xunto con Ale de Paz) acumula catro partidos marcando, pese a que os nosos 17 goles a favor son un rexistro que só empeoran os equipo que están en descenso. Marta e Anna mantéñense como baixas.
Por parte da escadra malagueña, venceron na segunda xornada ó Marín Futsal e contan por derrotas os restantes encontros, enlazando seis seguidas. Son o terceiro grupo que máis tantos recibe e o segundo que menos anota aínda que, curiosamente, marcaron en todos os seus partidos. Destaca nas súas filas Eva, que foi convocada coa selección na primeira concentración do curso.
Unicamente coincidimos na tempada 2021 / 2022, cando o Atlético Torcal debutou en Primeira División, categoría que non puido manter ese ano por cinco puntos. En dito curso empatamos a tres goles na Seca, mentras que vencemos a domicilio por 0 – 3. Por tanto, sabemos da dificultade que encarna calquer conxunto da liga e debemos saír concentradas para evitar complicacións, como ben sinalou Carla Ayensa na rolda de prensa previa.