Nos 26 anos de vida deste club moitas persoas pasaron por el, xerando cadansúa historia. Certo é que algunhas destacan, normalmente no deportivo, como que Teresa Abelleira se proclamase campioa do mundo de fútbol menos de dez anos despois de ser campioa de España cadete en 2016 connosco (tamén o foi en 2015 e 2014, incluíndo neste último caso o dobrete co campionato infantil).
Pero máis curiosa é a progresión dunha importante ex xogadora como Yoly Saa, xa que será unha das participantes no próximo Benidorm Fest, que como todos sabemos, é a chave para representar a España no festival de Eurovisión. En 2012, con 19 anos, firmaba coa entidade vermella procedente do Leis Pontevedra, para desempeñar o posto de ala. Por tanto, integrou o histórico plantel que lograría o ascenso a Primeira División esa mesma tempada. “Oxalá sexa este ano” dicía en alusión ó ascenso, nunha entrevista no Faro de Vigo, na que a música notábase que era o que máis lle gustaba e prometía compoñer o himno do club (estamos a tempo de falalo).
As crónicas presaxiábano e o Diario de Pontevedra eloxiaba o seu bo facer futbolístico nun partido sinalando que “foi pura coraxe, pelexouno todo e gañouno case todo”. Agora, creo que ese “case” podémolo esquecer. O ascenso deportivo estaba acompañado do mesmo nunha carreira musical incipiente, que tamén compaxinaba cos estudos de Educación Infantil. As súas primeiras actuacións, en locais de Poio e Pontevedra, estaban amparadas por compañeiras e compañeiros do club, como reza este artículo de La Voz de Galicia.
A 2015 / 2016 supuxo a súa cuarta e última campaña na entidade, terceira en Primeira División. Na foto rescatada do Faro de Vigo, na que ocupa o terceiro sitio, pola dereita, na fila dianteira, tamén temos a Ale de Paz, recén chegada na súa primeira etapa como conserveira.
Como ela comentou en varias entrevistas, deixouno todo por un soño, que era a música, e comezou de cero cantando no metro de Madrid. Pode que non continuase no fútbol sala, pero abofé que da súa vida podemos aprender moitísimas cousas e, por tanto, témola coma un referente. A súa ambición e perseverancia por adicarse a lo que más quería está dando sus frutos y, desde el Poio Pescamar, queremos desearle toda la suerte del mundo. Quién sabe, quizá cumpla su promesa y gane el Benidorm Fest cantando el que será nuestro himno (nosotras también podemos soñar).