Novas

T. 23/24 – X. 12 | PREVIA

Dec 1, 2023

Pouco a pouco situámonos no último mes do ano e o cuarto de competición na actual campaña. Por estas datas, levabamos dous anos viaxando a Melilla e, neste caso, o calendario non defraudou coa súa cita. Así, o sábado ás 19h enfrontarémonos ó conjunto da cidade autónoma na 12ª xornada de liga.

Visitaremos o norte de África con gañas de resarcirnos do empate ante o Futsi, que nos deixou un sabor de boca amargo pola forma en que se deu. Mirando o lado positivo, como Elena Aragón sinalou en rolda de prensa que hai que facer, seis son as xornadas que acumulamos sen perder e un triunfo devolveríanos, mínimo, a quinta praza da liga. Mantemos as tres baixas da pasada semana: Marta, Anna e Pelé.

Por parte do equipo melillense, veñen de vencer na Coruña, enlazando dúas vitorias seguidas e superándonos na clasificación por un punto. Suman os mesmos goles a favor que nós (30), pero encaixaron 21, tres menos. As súas derrotas coinciden coas visitas ós catro equipos que van primeiros na táboa, o que compensan cun pleno de triunfos na súa pista. Sen dúbida, un rival durísimo e directo na loita polo playoff.

Vémonos as caras dende o seu ascenso a Primeira División no curso 2020 / 2021, cunha bagaxe de 2 vitorias vermellas, 3 empates e 1 triunfo do Melilla. Na pasada campaña logramos vencer por 0 – 2 no pavillón Javier Imbroda, que estaba inexpugnable ata a nosa chegada (como agardamos que suceda este ano).

CATEGORÍA: Previas