Novas

Rocío Gómez volta á Selección, xunto a Laura Uña

Xan 3, 2024

A primeira gran nova do 2024 chéganos coa convocatoria da selección española. Volvemos tener dúas representantes no combinado nacional, que viaxará ata Suecia para desputar dous partidos amigables, os días 16 e 17 de xaneiro.

Mentras que Laura Uña mantén o pleno de convocatorias nesta tempada, estréase dende que está connosco Rocío Gómez, cuxa última chamada foi en febreiro de 2022, cando formaba parte do Universitat d’Alacant. Lembramos que Ale de Paz estivo nas dúas primeiras concentracións do curso.

Desta forma, as nosas dúas máximas goleadoras en liga con oito tantos cada unha (aínda que Rocío gaña a Laura en asistencias por 4 a 3) ven premiado o seu traballo coa participación coa Selección, xusto despois do primeiro partido do ano, que será o derbi ante o Burela.

CATEGORÍA: Novas