Se por algo destaca o noso segundo equipo alevín é por ser mixto, é dicir, formado por mozos e mozas (a diferenza do equipo de Liga Galega, que só é masculino). Certo é que, cando tiña competición o alevín feminino, as xogadoras do mixto formaban un vestiario propio.
O conxunto adestrado por Manuel Alonso Rial comezou en outubro de 2023 a fase previa de liga xunto a outros dez equipos. Nesta categoría xa hai dúas divisións: Liga Galega e Primeira Autonómica. O noso Alevín B finalizou as dez xornadas en 10º lugar, con 2 vitorias, 1 empate e 7 derrotas. Así pois, foi encadrado no grupo 2 da segunda fase ligueira, formado polos seis últimos equipos da primera rolda. Os cinco mellores compuxeron o grupo 1.
A segunda parte da competición desputouse a dúas voltas, polo que houbo de novo dez partidos. Con 4 triunfos, 1 empate e 5 derrotas, os nosos rapaces e rapazas clasificaron en 4ª praza.
Na Copa, o equipo vermello foi directamente listado na segunda quenda, véndose superado con claridade polo Cotobade B, quedando sen opcións de meterse nas semifinais e, por tanto, rematando a tempada.