Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Sénior Masculino

Mai 22, 2024

Boa estrea na división de Preferente Galicia (grupo sur) para o noso equipo Sénior, despois do ascenso logrado na tempada anterior. Voltamos ó que é o noso teito en categoría masculina, cumprindo paso a paso coa idea de chegar ó obxectivo de Terceira División.

O 17 de setembro de 2023 debutaban con vitoria na Seca ante o Gondomar FS. En liñas xerais, a regularidade de resultados do equipo adestrado por Ángel Alfonsín, Lin, e Fernando Chan, mantívoo en media táboa, a veces con opcións de desputar a fase de ascenso (accedían do 2º ó 5º clasificado). Finalmente, unha bagaxe de 9 triunfos, 9 empates e 10 derrotas situou á escadra conserveira en 9º lugar.

Ó non existir competición de Copa, a tempada concluíu o pasado 12 de maio, con derrota na pista do Cesures FS, o que non empaña, nin moito menos, a traxectoria ascendente deste vestiario, que promete máis guerra o curso que vén.

CATEGORÍA: ED Poio