Novas

Cabreiroá patrocina o resumo de tempada do Infantil Masculino

Xuñ 17, 2024

Fai un mes que rematou a súa campaña o Infantil Masculino, patrocinado en exclusiva por Milongas Parrillada. Aquí vos deixo o resumo da súa traxectoria.

Na categoría de 1ª Autonómica (a maiores está a Liga Galega), os nosos mozos competiron na zona de Pontevedra, conformada por oito equipos e con dúas voltas, dende o 22 de outubro de 2023 ó 25 de febreiro de 2024. Con 9 vitorias e 5 derrotas, terminaron nunha destacada terceira posición, por detrás de Marín Futsal C e CED Cotobade, que tamén serían os finalistas de Copa.

No torneo copeiro, o grupo adestrado por Fernando Portela Juan, foi encadrado no Grupo B, conseguindo a segunda posición con 9 puntos de 18 posibles, clasificando así á semifinal. Nesta enfrontáronse ó Marín Futsal C, que foi claramente vencedor na eliminatoria a dobre partido, dando por finalizada a tempada dos conserveiros.

CATEGORÍA: ED Poio