Saki Yotsui (19/03/1996) non formará parte do futuro plantel conserveiro. A ala internacional nipona chegou en outubro de 2023 procedente do Burela FS, a súa primeira experiencia en España.
Saki foi convocada en 34 ocasións, xogando 33 partidos (5 como titular), nos que anotou 7 goles e deu 4 asistencias. En liga marcou 6 deses goles e sumou 3 asistencias en 29 partidos. O seu outro tanto firmouno en Copa da Raíña, mentras que a restante asistencia foi en Copa Galicia (serviu para o gol de Rocío Gómez co que gañamos a final).
Moitas grazas por todo Saki e moita sorte no futuro.