Novas

Tras dúas tempadas vaise Rocío Gómez

Xuñ 25, 2024

Rocío Gómez Sordo (Alhendín, Granada, 8/1/1998) confirma a súa saída da entidade logo de dous anos de éxitos, sobre todo no recentemente finalizado, onde destacou o seu crecemento futbolístico e foi convocada de novo pola Selección Española.

A ala granadina participou en todos os partidos do curso (40), sendo titular en 31 deles. Ademais, marcou 15 goles (cifra que só mellorou Laura Uña) e deu 15 asistencias, todo en liga salvo 1 asistencia na Supercopa e 1 gol na Copa Galicia (o da vitoria na final). Para comparar, na campaña anterior sumou 9 goles (5 en liga, 1 na Copa da Raíña e 3 na Copa Galicia).

Desexámoste toda a sorte, Rocío. En Poio xa eres unha máis.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Baixas · Rocío Gómez