Novas

A pichichi seguirá marcando connosco

Xul 3, 2024

Como comunicaramos, dúas eran as integrantes do plantel con contrato para a campaña 2024 / 2025: Martita e Laura Uña.

A pivote de Cabezón de la Sal, Cantabria (12/8/1996) será conserveira por terceira tempada consecutiva. No pasado curso repetiu como máxima goleadora con 27 tantos, ademais de repartir 8 asistencias (na 2022 / 2023 firmou 19 goles). Tamén se consagrou como unha habitual da Selección Española, coa que non fora convocada antes.

En total, xogou 39 de 40 partidos posibles, 37 deles como titular (a que máis, xunto a Martita). Os seus goles e asistencias repártense entre todas as competicións, agás a Supercopa:

  • Liga: 21 goles e 8 asistencias.
  • Copa da Raíña: 3 goles.
  • Copa Galicia: 3 goles

Un ano máis, a por todas contigo, Laura!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Laura Uña · Renovacións