Novas

Non hai quinta mala

Xul 23, 2024

Anna Escribano Navarro (Sabadell, 18/09/1999) será vermella por quinta temporada, a cuarta consecutiva.

Despois de callar unha excelente campaña 2022 / 2023, pola que recibiu o premio á mellor xogadora catalá de fútbol sala, o seu xeonllo esquerdo necesitou pasar por quirófano para tratar o menisco. Co transcurso da tempada, a súa reaparición alongouse e, aínda que formou parte dun total de 9 convocatorias, tan só puido xogar 3 partidos, todos en liga. Finalmente, no pasado mes de xuño, Anna precisou dunha nova operación, pois as súas molestias e dor non cesaron.

Con todo, estaremos de novo agardando a súa recuperación para que demostre o seu potencial na pista!

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Anna · Renovacións