Novas

Sofía e Estela co equipo de Primeira División en pretempada

Set 3, 2024

Un ano máis, como é habitual, os adestramentos de pretempada contaron coa presenza de xogadoras das categorías inferiores. Neste caso, dúas xuvenís que seguen crecendo futbolisticamente tras un mes completo na dinámica do primeiro equipo, coa esixencia que conleva. Elas son:

  • Sofía Rozas Osorio (Pontevedra, 12/12/2006): suma a súa terceira pretempada co grupo de Primeira División. Na anterior participou nos seus primeiros dous partidos, incluso marcando un gol. Este será o seu último ano como xuvenil, aínda que tamén forma parte importante do equipo filial. Xoga como ala-pivote.
  • Estela Fernández García (Pontevedra, 17/07/2008): a nova porteira participa na súa segunda pretempada coas futbolistas profesionais. Pouco a pouco vai entrando nos plans do corpo técnico, que na pasada liga a convocaron por primeira vez cando Sandra Buzón non puido estar presente na xornada 26. Será o seu primeiro ano de xuvenil, pero dentro do día a día do conxunto filial.

Así pois, agardamos que ambas futbolistas sigan formándose nos valores do deporte e poidan medrar todavía máis na nosa disciplina.

CATEGORÍA: ED Poio
ETIQUETAS: Pretempada