Novas

Inscripcións abertas para a Escola de porteiros

Set 8, 2024

Dende o luns 9 de setembro, ábrense as inscripcións para a Escola de porteiros do club.

A encargada de dirixila será a nosa cancerbeira, Sandra Buzón. Na súa experimentada carreira en Primeira División, foi campioa de liga, de Copa e da Supercopa de España, así como da Copa Galicia. Tamén foi internacional coa selección española.

Os nenos e as nenas de todas as idades poderán anotarse mediante o teléfono 627 06 03 10.

Horarios:

  • Martes: de 17:30 a 18:30 horas.
  • Mércores: de 18 a 19 horas e de 19 a 20 horas.

Prezos:

  • Membros do Poio FS: gratis
  • Externos ó club: 20€ a hora.

Os adestramentos serán no IES de Poio os martes e no CEIP Isidora Riestra os mércores.

Non perdades esta oportunidade!

CATEGORÍA: Novas