As vermellas Ale de Paz e Laura Uña formarán parte do combinado español para a segunda convocatoria da tempada. Así o anunciou Clàudia Pons esta mañá.
A concentración será o domingo 13 de outubro en Las Rozas, dende onde partirán cara a Rio Maior, en Portugal, para a disputa de dous partidos de carácter amigable os días 17 e 19 (ás 19 horas, de España peninsular).
Ambas futbolistas conserveiras son habituais na selección, da que formaron parte xa na primeira convocatoria desta campaña.