Novas

Elena e Ale de Paz coa Selección Española

Nov 4, 2024

A terceira convocatoria do combinado nacional déixanos a inclusión da nosa gardameta Elena González de Pablos, que acompañará a unha Ale de Paz que mantén o pleno. Nesta ocasión non está Laura Uña. España xogará dous partidos amigables contra Arxentina en Móstoles os días 12 e 13 de novembro.

Co permiso de Ale de Paz, habitual nestas lides, centrámonos na información de Elena. Non é a súa primeira convocatoria, pois foi chamada en 2022, cando formaba parte do Universitat d’Alacant, aínda que non puido debutar ó dar positivo en covid, o que a obrigou a abandonar a concentración despois de realizar un adestramento. Curiosamente, substituía por ese motivo a Silvia Aguete e, para reemplazala a ela, acudiu Caridad García, conserveira por aquel entón.

A porteira segoviana, que a pasada semana participou nas sesións da nova selección sub-23, volve pechar o círculo tralo seu paso pola sub-17 e a sub-21.

CATEGORÍA: Novas