Novas

Partido pola igualdade e a NON violencia de xénero

Nov 12, 2024

O calendario de Primeira División fixo coincidir, un ano máis, a visita do Futsi co partido que dedicamos á campaña do 25 de novembro, pola igualdade de xénero.

Dentro da promoción e sensibilización do deporte feminino, por estas datas trascende, máis se cabe, a loita polo cambio cara unha sociedade máis xusta, baseándonos nus obxectivos:

  • Visibilizar o deporte feminino.
  • Promover a igualdade de xénero no deporte.
  • Previr e erradicar a violencia de xénero.
  • Empoderar ás mulleres a través do deporte.

Por iso, esta mañá presentamos oficialmente a campaña para o partido deste sábado no que recibiremos ó líder da mellor liga do mundo ás 18:30 horas na Seca. A presidenta, Olalla, encabezou o acto xunto ás tres capitás do primeiro equipo conserveiro, Irene, Martita e Elena Aragón.

Ademais, o club enviará invitacións para os colectivos veciñais, a través da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, para que asistan ó partido.

Inspiremos ás novas xeracións para eliminar estereotipos e concienciar sobre a igualdade real entre homes e mulleres.