Novas

Galardoados nos I Premios ás Boas Prácticas en Igualdade

Nov 22, 2024

Na tarde do pasado xoves 21 de novembro de 2024 entregáronse os Premios ás Boas Prácticas en Igualdade, na súa primeira edición, na sede da Deputación de Pontevedra.

Estes galardóns “promovidos pola Deputación de Pontevedra, teñen como obxectivo recoñecer publicamente o esforzo realizado polas distintas entidades en materia de igualdade de xénero e contra a violencia machista na provincia de Pontevedra” (citamos textualmente da súa web).

Entre as distintas categorías participantes, premiáronnos na de Mellor Iniciativa Deportiva en Materia de Igualdade. Ó acto oficial de entrega da condecoración, acudiu a presidenta, Olalla, acompañada de persoal do primeiro equipo do club. Tamén asistiron o presidente da Deputación, Luis López-Lugués, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, o concelleiro de deportes de Poio, Cándido Muíños e a directora xeral de Conservas Pescamar, Lupe Murillo.

Agradecemos enormemente que se pensara en nós, pois supón unha alegría polo noso esforzo e traballo, dunha forma cotiá e normalizada, pola igualdade.

CATEGORÍA: Novas