A nosa gardiá das redes, Elena González de Pablos, recolleu un novo galardón polo seu rendemento destacado na pasada campaña.
No seu momento recibira a condecoración á mellor porteira outorgado por Futsal Corner. Agora, repite triunfo no premio concedido pola Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino, con colaboración da RFEF. Neste caso, o recoñecemento provén das súas propias compañeiras da Primeira División, de entre máis de 200 votos totais.
Unha vez máis, a nosa máis sincera felicitación, Elena!