Novas

Haberá Marea Vermella en Móstoles para a Supercopa

Xan 27, 2025

Semana especial de competición para o equipo de Primeira División. Por segundo ano consecutivo e terceiro da nosa historia, o club loitará por proclamarse Supercampeón de España.

A empresa, como non podía ser doutra maneira, será difícil, posto que os tres conxuntos que comandan a liga con firmeza (Melilla, Futsi e Burela) quererán impedir a sorpresa conserveira.

Coma de costume, a ilusión non nos superan. Se na derradeira edición da Supercopa, en Torremolinos, un nutrido grupo de afeccionados poienses viaxou para arroupar ó grupo, para esta ocasión a Marea Vermella será bastante máis numerosa.

Agárdase que máis de 100 seareiros tingan de vermello as bancadas do pavillón Móstoles Sur PAU-4, no que debutaremos o sábado ás 16:30 horas fronte ó Futsi Atlético Navalcarnero (en directo por Teledeporte).

Tras dous subcampionatos, está claro que apetecen títulos. E a xente sábeo.

CATEGORÍA: Novas