Novas

T. 24/25 – Semifinal Supercopa | PREVIA

Xan 31, 2025

Por segunda tempada consecutiva e terceira da nosa historia, atopámonos ante a posibilidade de alzar o trofeo da Supercopa de España. Un torneo no que o difícil é estar, pero que só pensamos en gañar. Para iso, primeiro haberá que superar ó Futsi Atlético Navalcarnero (sábado, 16:30h, Teledeporte). Os outros participantes son Burela e Melilla, actuais campioas de Liga e Copa, respectivamente.

Plantámonos na Supercopa cunha xeira de cinco partidos sen perder, que empezou coa vitoria por 0 – 1 en Alcorcón en oitavos de Copa da Raíña. Despois, en liga, colleitamos dous triunfos de local e dous empates como visitantes. Con eles, aínda que nos mantemos en sexto lugar, reducimos a só tres puntos a distancia co playoff polo título. Contamos con toda o plantel agás Anna Escribano. Ademais, complementan a lista as canteirás Estela e Sofía.

O conxunto de Navalcarnero é o segundo na táboa ligueira, con 49 puntos de 54 posibles. Pertence a ese destacado grupo cabeceiro conformado xunto a Melilla e Burela. Comezou o curso con catorce vitorias ata que, en decembro, enlazaron tres enfrontamentos sen vencer. Un empate contra Alcorcón, unha derrota ante Melilla e outra, que supuxo a súa eliminación de Copa da Raíña, fronte ó Roldán. Actualmente volven encadear tres triunfos. Destaca a súa potencia en ataque, con 99 goles a favor en 20 partidos, case un promedio de cinco por duelo. Por contra, nunca deixaron a súa portería a cero.

O precedente desta tempada é o 2 – 3 da décima xornada na Seca, unha das dúas ocasións nas que na presente campaña nos remontaron un resultado a favor. En total, 24 veces vímonos na pista, con 3 vitorias vermellas, 3 empates e 18 triunfos albivermellos.