Novas

Luis López-Tulla alcanza os 100 partidos oficiais no Poio

Feb 16, 2025

A historia do Poio Pescamar e de Luis López-Tulla senta un firme precedente máis. El adestrador madrileño alcanzou, trala 20ª xornada da presente liga, os 100 partidos oficiais liderando ó noso equipo de Primeira División.

Luis chega a estes números na súa terceira tempada á fronte do conxunto, tendo asinada unha máis. A súa bagaxe total é de 59 vitorias, 17 empates e 24 derrotas. Por competicións, estes serían os datos:

  • Liga: 80 partidos (50 triunfos, 15 empates e 15 derrotas).
  • Playoff título de liga: 5 partidos (1 vitoria e 4 derrotas).
  • Copa da Raíña: 6 partidos (4 triunfos e 2 derrotas).
  • Supercopa de España: 3 partidos (1 empate e 2 derrotas).
  • Copa Galicia: 6 partidos (4 vitorias, 1 empate e 1 derrota).

Ademais, Luis sitúase como terceiro adestrador que máis dirixiu a este equipo na súa historia, por detrás de Marcio Santos (130 enfrontamentos) e Manu Cossío (116 veces). Certo é que os datos destes dous técnicos non son fiables ó cen por cen, polas dificultades de consultar a hemeroteca de anos anteriores, pero sabemos que o número é, en todo caso, maior.

Unha estatística que si é contrastable é a que coloca a Luis a tiro de Marcio Santos. O adestrador brasileiro, co que ascendimos a Primeira, comandou ó vestiario en tres campañas na máxima categoría, é dicir, en 90 ocasións. Luis igualará esa cifra este ano, pero contando cos playoffs polo título de liga, será o noso preparador con máis partidos na Primeira División española. Incluso xa se convertiu no que máis veces gañou neste aspecto, coas súas 50 vitorias, superando as 42 de Marcio.

Na foto, a presidenta Olalla entrégalle a Luis unha camiseta conmemorativa da efeméride.

CATEGORÍA: Novas