Novas

Elena e Ale de Paz coa selección española para clasificarse para o mundial

Feb 28, 2025

A seleccionadora Clàudia Pons publicou a lista de convocadas para unha nova concentración do combinado español, a sétima da tempada, a partir do día 9 de marzo. Nela están por terceira vez consecutiva as nosas conserveiras Elena (cuarta chamada) e Ale de Paz (sexta).

Serán dúas semanas nas que parará a liga, posto que primeiro se disputarán dous encontros amigables fronte a Portugal (días 13 e 15), logo haberá dous descartes na lista e as catorce futbolistas restantes viaxarán a Besanzón (Francia) para buscar a clasificación para o primeiro mundial de fútbol sala feminino en Filipinas, a final de ano.

España xogará contra Finlandia (día 19), Polonia (día 20) e Francia (día 22). De entre esas catro seleccións, as dúas mellores serán partícipes do mundial.

CATEGORÍA: Novas