Novas

T. 24/25 – Semifinal Copa Galicia | PREVIA

Mar 3, 2025

Case sen tempo tras volver de gañar en Málaga, tócanos ir xogar a semifinal da XVIII Copa Galicia (da que defendemos título) a Castro de Rei. O partido será este martes ás 20:30h.

Exerceremos de visitantes despois de curtar a xeira en liga sen vencer lonxe da Seca (cinco duelos), superando ó Atlético Torcal. Seguimos en sexta posición, igualadas co Alcorcón e a 4 puntos do playoff, marcado polo Roldán. Respecto á competición que nos atangue, os cuartos de final disputámolos en outubro, pasando mediante un 0 – 7 na cancha do Viaxes Amarelle.

Pola súa parte, o FSF Castro avanzou de rolda cun 0 – 2 ante o Vilalba FS de Segunda División. En liga son oitavas, con 29 puntos (6 menos que nós). Sitúanse no centro da Primeira División, lonxe do playoff e do descenso, dos que se distancian en 10 puntos en ambos casos. Curiosamente, son o conxunto menos goleador (32) e o cuarto que menos encaixa (44).

Este será o noso primeiro enfrontamento en Copa Galicia. Na Primeira División existen tres precedentes: os dous empates do curso pasado e a vitoria conserveira por 5 – 1 na primeira volta do presente exercicio.

CATEGORÍA: Previas