O club Poio Pescamar FS, co patrocinio de Cabreiroá, Froiz e Domino’s Pizza, abre inscripcións para unhas xornadas de tecnificación en fútbol sala, da man de reputados futbolistas do club como son Ale de Paz e Juan Puertas.
Serán tres días repletos de actividades, ensinanzas, diversión e actos relacionados co deporte que tanto nos apaixoa. Estes son os detalles a ter en conta:
- Idade: 4 a 18 anos.
- Días: 14, 15 e 16 de abril (Semana Santa)
- Horario: 9:30 – 13:30 horas.
- Prezo:
- 35€ (xeral)
- 30€ para integrantes das Escolas Deportivas do club.
- Conciliación: por 10€ máis, poderase contar con esta opción, para aqueles país e nais que a poidan precisar. Aplicarase de 8 a 9:30 e de 13:30 a 14:30 horas.
- Agasallo dunha camiseta especial do clínic.
- Plan específico para porteiros e porteiras.
- Visitas de xogadores de fútbol sala.
- Auga, froita e barriña enerxética diaria para cada participante.
- Sorteos varios: camisetas, bufandas, etc.
- Contacto: teléfono e whatsapp ó 676 52 22 43 ou no email info@poiopescamarfs.es
Para anotarse: facendo clic neste enlace ó formulario.
¿Quen son Ale de Paz e Juan Puertas? Resumímosvos brevemente para quen non os coñeza:
- Ale de Paz: futbolista do equipo de Primeira División do club. Conta no seu palmarés con dúas Ligas, tres Copas da Raíña, dúas Supercopas de España e catro Copas Galicia, así como dúas Eurocopas coa Selección Española.
- Juan Puertas: xogador do noso primeiro equipo masculino, con experiencia en varios conxuntos de Primeira División (Lobelle de Santiago, Carnicer Torrejón, Levante, Jaén, Gran Canaria ou Noia), así como no estranxeiro (Kuwait, Croacia e Vietnam). Co FC Nacional Zagreb disputou tamén a Champions.