Novas

A Paz sexa connosco

Mai 28, 2025

A segunda xogadora confirmada de cara ó curso 2025 / 2026 é Alejandra de Paz González (Neda, 25/05/1995). Será a súa terceira tempada consecutiva na entidade e a sétima en total.

Dobre campioa de Europa coa Selección e gañadora de tres das nosas catro Copas Galicia (a nosa futbolista máis laureada), Ale de Paz confía en sumar máis títulos ó palmarés vermello.

Na recentemente rematada campaña foi convocada no 100% dos partidos (37), disputando 32 (20 como titular), nos que anotou 13 goles (terceira máxima goleadora do equipo) e repartiu 11 asistencias (a que máis). Tamén recibiu 3 cartulinas amarelas. Respecto á Primeira División, foi a xogadora conserveira que máis participación directa tivo ó marcar goles (10 anotados e 11 asistencias) xunto a Laura Uña.

CATEGORÍA: Comunicados
ETIQUETAS: Ale de Paz · Renovacións