Novas

Iria Tilve e Sofía Rozas debutan en Primeira División

Mai 28, 2025

A derradeira xornada da campaña 2024 / 2025 tróuxonos unha última boa noticia. Dúas canteirás como son Iria Tilve e Sofía Rozas puideron estrearse na máxima categoría do fútbol sala feminino español na vitoria por 7 – 0 ante o Teldeportivo.

Ambas futbolistas son partícipes da dinámica do primeiro equipo dende a pretempada 2022 / 2023, coincidindo coa chegada de Luis López-Tulla. De feito, debutaron nel a principios da recén rematada tempada, no primeiro partido de Copa Galicia en casa do Viaxes Amarelle. Naquel encontro tamén xogou a irmá pequena de Sofía, Irene Rozas. Ademais, cada irmá anotara un gol, mentras que Iria dera unha asistencia.

Para Iria era a primeira convocatoria ligueira a da última xornada, mentras que para Sofía era a quinta, mesmo número que Estela Fernández, porteira que non chegou a debutar. Tamén foron convocadas unha vez en liga Olalla Casalderrey, María Guiance e Irene Rozas.

 

Fotos: Emma Belmonte / David Blanco
CATEGORÍA: ED Poio