Elena Aragón de la Torre (Chiclana, 25/9/1995) tampouco será parte do equipo para o curso 2025 / 2026.
A gaditana e o club pechan unha etapa de tres tempadas históricas no desempeño deportivo da entidade, sendo unha das xogadoras con máis regularidade e das poucas que defenderon a camiseta conserveira en máis de 100 ocasións. Estatisticamente sumou, entre as catro competicións que disputou o club (Liga, Copa da Raíña, Copa Galicia e Supercopa):
- Convocatorias: 111
- Partidos xogados: 103
- Titularidades: 30
- Goles: 23
- Asistencias: 15
- Tarxetas amarelas: 21
- Tarxetas vermellas: 1
Segue con éxito onde vaias, Elena!

