A aventura vermella de Rocío Molina (Almería, 04/04/2005) remata despois dunha tempada.
A peche almeriense demostrou regularidade e foi un continuo revulsivo no esquema conserveiro. O seu traballo non pasou desapercibido nas categorías inferiores da Selección Española, cunha convocatoria na Sub-21 e outra na Sub-23.
Os seus números no recén finalizado curso, entre Liga, Copa, Supercopa e Copa Galicia, son:
- Convocatorias: 36
- Partidos xogados: 32
- Titularidades: 2
- Goles marcados: 3
- Asistencias: 0
- Tarxetas amarelas: 7
- Tarxetas vermellas: 0
Moitas grazas por todo, Rocío!

