O pasado 21 de maio anunciamos cun vídeo a saída da nosa capitá, Irene García de Vega (Valladolid, 9/1/2000), para que se lle rendise unha merecida homenaxe na derradeira xornada de liga na Seca.
Tras unhas cantas horas de investigacións e repaso de datos, podemos afirmar que é a xogadora con máis campañas consecutivas en Primeira División con sete (igualada en total con Silvia Aguete, pero no seu caso non foron seguidas) e a futbolista con máis partidos disputados coa nosa camiseta en Primeira División (189). Sen dúbida, uns números que a elevan ó rango de lenda na nosa entidade.
Na máxima categoría do fútbol sala español firmou o seguinte balance:
- Convocatorias: 196
- Partidos xogados: 189
- Titularidades: 59
- Goles: 32
- Asistencias: 10 (seguramente máis, dato difícil de contrastar).
- Tarxetas amarielas: 16
- Tarxetas vermellas: 0
A súa estadía no club conserveiro coincideu coa mellor época en canto a rendemento en todas as competicións. Irene tamén leva os récords de participación en máis enfrontamentos en Copa da Raíña / Copa de España (16), Copa Galicia (14) e Supercopa de España (4). É certo que o dato de Copa Galicia é difícil de confirmar ó 100%. Por outro lado, é a única que disputou todos os nosos encontros de Supercopa. Como títulos, alzou dúas Copas Galicia. O balance total, sumando á Liga estas tres competicións, resulta en:
- Convocatorias: 231
- Partidos xogados: 223
- Titularidades: 74
- Goles: 39
- Asistencias: 11 (seguramente máis).
- Tarxetas amarelas: 18
- Tarxetas vermellas: 0
Desta estatística total cabe sinalar o feito de que superase a barreira dos 200 partidos, algo que ningunha outra xogadora logrou, tendo en conta as tempadas dende o noso ascenso a Primeira División en 2013. Certo é que se nos imos á etapa tamén en Segunda, aparece o nome de Charo, que sumou nove campañas no club (cinco en Segunda e catro en Primeira) e quizáis superase esa cifra de duelos disputados.
Moitas grazas por todo, Irene. Poio sempre será a túa casa.
Fonte de datos: Gustavo Voces (ACFSF) e interna do club.

