A sétima incorporación de cara ó curso 2025 / 2026 é Rafaela Dal’Maz (Guarapuava, Brasil, 31/01/1991). Provén do Pescara italiano, con quen foi recentemente subcampioa de liga e desempéñase como pivote.
Alcumada Rafa Pato, herda este nome do seu pai, tamén futbolista, Dirceu Pato. A súa traxectoria é extensa e enormemente exitosa, entre fútbol e fútbol sala por varios países, dos que destacamos:
- Participación no mundial sub-17 e sub-20 de fútbol coa selección brasileira.
- Ademais de en Brasil, xogou ó fútbol 11 en Europa no Zuchwill suízo.
- En fútbol sala formouse no equipo da súa cidade, Guarapuava.
- Primeira experiencia europea co Tyumen ruso, onde gañou a liga.
- Campionato de Brasil co São José Futsal.
- Regreso a Europa co Benfica portugués, alzando máis títulos.
- Longa traxectoria en Italia: Salinis (primeiro campionato), Città di Falconara (unha Liga, dúas Copas e dúas Supercopas), Montesilvano e Pescara.
- Clasificación para o Mundial de Filipinas coa selección italiana, coa que xoga dende 2021.
Rafa Pato estrearase, por tanto, en España e déixanos a seguinte mensaxe: “O meu obxectivo é integrarme o antes posible co meu novo grupo, entender o que quere de mín o técnico e adaptarme a esta nova realidade. E, por suposto, facer feliz ós meus novos torcedores da Marea Vermella e darlles motivos para celebrar”.
Benvida a Poio, Rafa!

