Novas

Tres vermellas na primeira convocatoria do curso coa Selección Española

Ago 4, 2025

Apenas comezaron os adestramentos da nova campaña e temos sobre a mesa a primeira lista da Selección Española. Nela figuran ata tres conserveiras: Elena, Ale de Paz e Noelia Montoro.

A gardameta mantense na mente da seleccionadora, Clàudia Pons, despois de sumar na pasada tempada os seus primeiros minutos co combinado nacional. Ale de Paz e a recén chegada a Poio, Noelia Montoro, son veteranas do equipo, no que seguen cando tan só quedan pouco máis de tres meses para a estrea do primeiro Mundial oficial, que se celebrará en Filipinas.

Na presente convocatoria, que terá lugar o 18 de agosto, disputarán un primeiro partido de adestramento contra o Móstoles cadete masculino, para logo viaxar a Marrocos e enfrontarse á súa selección en Rabat (campioa de África) os días 29 e 30 deste mes.

É a segunda vez que tres futbolistas do noso equipo son requeridas pola selección (a primeira en febreiro de 2023). Nesa ocasión, ata cinco xogadoras acudiron co seu país (Agostina e Dupuy con Arxentina), o que supón o noso récord. Cabe destacar que en marzo de 2024 tamén tivemos tres seleccionadas: Ale de Paz e Laura Uña con España, así como Saki con Xapón.

CATEGORÍA: Novas