Novas

Campaña de abonados 2025 / 2026: Poio é fútbol sala

Ago 15, 2025

Tras 28 anos de historia, con representación na máxima categoría do fútbol sala español de forma ininterrumpida dende 2013, todo o mundo ten que relacionar o concello de Poio con este gran deporte que é el fútbol sala. Por iso, para a presente tempada, anunciamos unha campaña de abonados enfocada nesta idea, cunha foto en cada unha das nosas cinco parroquias (hai unha un tanto limítrofe), pois Poio alberga moitos valores a ter en conta cando se lle menciona e o noso club debe ser un deles. Co pavillón da Seca como unha sexta parroquia, temos que lograr que os nosos veciños e as nosas veciñas se sintan identificados co club, nos arroupen todavía máis para poder alcanzar esas metas tan ambiciosas que queremos. Nada máis e nada menos que conseguir títulos a nivel nacional.

Luis López-Tulla estará á fronte por cuarta campaña consecutiva (récord dun adestrador en Primeira División no noso club), para intentar regresar ó playoff pola liga que non puidemos alcanzar o ano pasado. O obxectivo deportivo non varía: estar na pelexa polos títulos. Para iso tamén chegaron un total de sete fichaxes: Yanira, Bravo, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Débora, Zaide Pérez e Rafa Pato.

Coa pretempada en marcha, o día 30 de agosto será a presentación do equipo na Seca ante o Ourense FSF (amigable). A Primeira División comezará unha semana despois, o 6 de setembro, no noso feudo contra o recén ascendido Penya Esplugues.

En canto ó equipo masculino, que no curso anterior quedou ás portas dun histórico ascenso a Terceira División, repite con Lin no banco para volver pelexar tan ansiado ascenso. O segundo posto ligueiro serviu para clasificarse por primeira vez á Copa Galicia, un fito do que gozaremos o 31 de agosto en primeira rolda ante o Marín Futsal. Todo un Derbi da Ría que promete ser un gran comezo do ano deportivo.

Todas as competicións de todos os nosos equipos estarán á vosa disposición mediante os seguintes abonos:

  • Estándar: 30€. Válido para unha persoa.
  • Infantil: 10€. Para menores de 12 anos.
  • Familiar: 60€. Válido para tres persoas da mesma familia.

 

Os carnés poderán solicitarse por email (info@poiopescamarfs.es) ou por Whatsapp (698 14 77 05). Calquera dúbida responderase tamén por esas vías ou contactando polas nosas diversas redes sociais.

Máis que nunca, necesitamos que a Marea Vermella medre se queremos lograr os nosos obxectivos. Poio é fútbol sala!

CATEGORÍA: Novas